1936. RIBADEO (2007)
Dirección: Jairo Iglesias
Guión: Jairo Iglesias
Intérpretes: Jose Barato e Xoaquín Domínguez
Argumento: En 1936, nunha praia de Ribadeo dous republicanos fican atrapados cando o pobo é tomado polas tropas franquistas. Cando suba a marea, afogarán.
A COMPAÑEIRA FIEL (2011)
Dirección: Marta G. Arce
Guión: Luis Cernuda, Marta G. Arce
Argumento: Un paseo polo mundo reflexionando sobre a soedade e a propia vida.
AS ALMAS DO FENTAL (2009)
Dirección: David Vázquez
Guión: Elena dos Santos
Intérpretes: Fernando Morán
Argumento: Un relato sobre o abandono do rural galego, o derradeiro dia dunha aldea de Galicia, O Fental, un feito que sacude a nosa comunidade e que ninguén quere atallar.
A TEORIA DO ESPELLO (2004)
Dirección: Pedro A. Corredoira
Guión: Pedro A. Corredoira
Intérpretes: Luís Iglesia, José Antonio Jiménez, Joaquín Lens
Argumento: Un relato futurista e imaxinativo sobre o que pasaría se nacéramos vellos e o tempo transcorrese de maneira inversa.
CARAPUCHIÑA E O POBO FEROZ (2011)
Dirección: José Araújo
Ax. dirección: Varinia Doce
Guión: Jorge Deus
Intérpretes: Toni Salgado, María Roja, Nani Matos, Gloria Sampedro
Argumento: O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a súa vida con alguén.. Un día coñece a Carapuchiña e a súa vida cambia. Baseada no relato homónimo de Fran Alonso.
CORES (2007)
Dirección: Jairo Iglesias
Guión: Jairo Iglesias, Mikel Fuentes
Intérpretes: Vicente de Souza, Alberto Rolán
Argumento: Unha historia ambientada na Guerra Civil Española. A sin razón de loitar nunha guerra que non se entendía.
DE PROFUNDIS (2006)
Dirección: Miguel Anxo Prado
Guión: Miguel Anxo Prado
Produción: Chelo Loureiro
Argumento: Unha muller namorada dun pintor esta na casa tocando o violoncello fronte ao mar. No entanto, o pintor vai nun pesqueiro e desencadéase unha treboada afundindo a embarcación, ...
DEZ MINUTOS TARDE (2009)
Dirección: Oscar Raña
Guión: Oscar Raña
Intérpretes: José Lumbreras
Argumento: Un mozo ten unha capacidade ou inconvinte particular, chega dez minutos tarde sempre, ata que quixo cambiar este mal fario...
EMPANTANADOS (2007)
Dirección: David Vázquez e Manel Vázquez
Guión: David Vázquez
Intérpretes: Miguel de Lira, Fernando Morán, Clara Vázquez, Iván González, Chicho Carballido, Victor Trato
Argumento: Unha nai heroica coida do seu fillo, un camión de butano acode a unha cita periódica, un fillo labra un eterno tiracroios, uns recordos confúndense coa realidade, a auga do río serve de espello da alma, unha tumba e o ruído dunhas máquinas fan que a historia non teña un final feliz.
ESPERANZA (1986)
Dirección: Chano Piñeiro
Guión: Chano Piñeiro
Intérpretes: Xosé M. Olveira Pico, Rosa Álvarez, Antón Reixa, Manuel Lorenzo, Vicente Montoto, Ricardo, Álvarez
Argumento: O alcolismo de Salvador vai ser a causa da desintegración da súa familia. A pesar do apoio da súa dona, Rosa, e dalgún dos seus amigos, non é capaz de recuperarse da súa adición.
GALICIA 2098 (2008)
Dirección: Edu Lavandeira
Guión: Edu Lavandeira
Intérpretes: Xoán Beiro, J.C. Wenceslao Carrasco, Pedro Hernández, María Maceiras
Argumento: Unha Galicia do 2098, onde as cousas case non cambiaron pero o galego desapareceu.
LUZ VERDE (2011)
Dirección: Sara Casal.
Ax. Dirección: Martín Crujeiras.
Guión: Fran Alonso.
Intérpretes: Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto, Martín Martinez.
Argumento: Conta a historia dunha noite fría en que Ermitas, unha velliña, agarda na porta dunha farmacia de garda a que o farmacéutico lle venda Voltarén sen receita.
Acadarao?.
MENIÑA (2006)
Dirección: Daniel D. García
Guión: Daniel D. García
Intérpretes: Adela Somoza, Mela Casal, Tatán, Marco Novelle.
Argumento: Unha ventá aberta, unha porta pechada, a voz da nai facendo eco, após tantos anos, Laura responde novamente a esa chamada, e nin ela mesma sabe por que
O ELIXIDO (2009)
Dirección: Chema Gagino
Guión: Raúl Dans, Chema Gagino
Intérpretes: Sonia Castelo, Antonio Mourelos e Jesús A. Rosado
Argumento: Tres persoas encerradas nun cuarto deseñan un listado de confianzas e desconfiazas no que todo é posible e nada é o que semella ser. Quen será o elixido?.
OKUPADO (2007)
Dirección: Alicia Francés
Guión: Jesús Villegas, Alicia Francés, Laura Cabaleiro
Intérpretes: Selena Rodríguez, Loreto Sotelo, Vanesa López, Nuria Sánchez, Carla Glez., A.Vidal, Laura Cabaleiro, Maria Veloso
Argumento: Conta o transcorrer dos días nun aseo de mulleres nun instituto.
O NOVENO PRINCIPIO (2009)
Dirección: Iván Seoane
Guión: Iván Seoane
Intérpretes: Monti Castiñeiras, Luís Iglesia, Miguel Pernas, Gonzalo Uriarte, Isabel Vallejo, Marcos Vieitez, Roberto Vilar, Antonio Durán “Morris”
Argumento: Logo do atentado contra Adolf Hitler no 1944, dous mandos das SS chegan á casa dun oficial cun estraño prisioneiro. As grandes guerras xóganse ás veces nos máis
insólitos campos de batalla
ROSA DOS VENTOS (2006)
Dirección: Jairo Iglesias
Guión: Jairo Iglesias
Intérpretes: Miguel Borinés, María Castro, Belén Constenla, Fernando Morán.
Argumento: O home de Rosa non volverá. Levouno o mar. Ela busca consolo nos recordos, pero descobre que non son abondo para calmar o baleiro de tantos anos de soidade.
SEN ALENTO (2009)
Dirección: Belén Iglesias, Marta Fernández
Guión: Belén Iglesias
Intérpretes: Vanesa de Ruz, Jacobo Fernández, Carmen Reigosa
Argumento: Quen non soñou con poder deter o tempo e facer o que un desexa. Unha adolescente é capaz só con deixar de respirar.
TOURETTES (2011)
Dirección: Martin Fiallega
Guión: Martin Fiallega, Victoria Ulloa
Intérpretes: Marcos Correa, Isabel Risco, Inaki Cid Iglesias, Iria Matías Basteiro, Jose Vaquero, Cristina Rodríguez Bande, Lola Figueiras, Paco de Quintá, Sixto Gómez González
Argumento: A vida de dúas persoas marxinadas que padecen a síndrome de Tourette. Están namorados e soñan cunha vida mellor.